Páginas

sábado, 14 de diciembre de 2013

CERVEXAS DE ALMORZO #1

A nosa primeira sección, que esperemos sexa fixa, vai adicada a esas cervexas que poderían reemprazar a un café ou a un ColaCao nos almorzos, ideais para tomar en taza mentres frotamos os ollos. Que mellor maneira de comezar un novo día que levándote á boca un petróleo desos que tanto nos gustan.
Pois ben, a cerveza que ocupa o debut desta sección é a Barney Flats Oatmeal Stoutda cervexeira californiana Anderson Valley.
A presentación da botella é a clásica da casa, como tamén o é a chapa, que indica con orgullo a fonte de enerxía que alimenta as súas caldeiras.
Ao abrir a botella e verter o seu contido no vaso podemos apreciar que esta cervexa ten unha cor negra con brillos e matices avermellados. Ao principio forma una abundante escuma cremosa e de burbulla fina. Pero esta agradable coroa cor crema reducirase ata quedar cubrindo simplemente a superficie do líquido cunha fina capa.
No nariz atopamos as maltas torrefactas típicas do estilo, xunto con algo de café e incluso regaliz e suaves notas licorosas, que irán aumentando a medida que consumimos o contido do noso vaso. Ao levar xa derramada nas miñas maxilas a metade do vaso, recordoume un pouco ao licor café no aroma.
Entra moi fácil e suavemente en boca, onde se nota a textura sedosa conferida polos copos de avea. A pesares desta agradable sensación nótoa con pouco corpo, pouco "contundente". Mentres que o primeiro trago faise bastante doce, en tragos posteriores evoluciona máis cara o 
sutil amargor das maltas torrefactas, cun livián toque de acidez.
Resumindo, podería ser unha boa stout para almorzar acompañándoa cunhas galletas, ou idónea para os que se queiran iniciar coas cervexas escuras, pero a min non me termina de encher. Correcta, pero déixame con ganas de máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario