As cervexas das que imos falar hoxe pertencen á Signature Serie, e preséntanse en botellas de 37,5 cl, cun deseño e unhas etiquetas moi elegantes. Ademáis do contido dos botellíns, unha cousa que me gustou moito desta casa foi toda a información que se pode atopar na etiqueta, algo que os homebrewers apreciamos enormemente, e que se bota bastante en falta na maioría dos casos.
Pois ben, as dúas afortunadas nesta ocasión son a Maibock e a Sticke Alt.
A Sticke Alt é unha cervexa de estilo alt, con 6% vol. e 74 IBU. O primero que atrae a nosa atención desta cervexa son os seus 74 IBU, que para unha cervexa clásica alemana semellan moitos. Pero o certo é que están perfetamente integrados e compensados co doce das maltas. Ademáis, ao proceder de lúpulos nobres e con baixos niveis de cohumulona como son Magnum, Northern Brewer e Hallertau, o amargor preséntase suave e agradable.
Ao servirla, a cervexa amosa unha cor cobriza bastante turbia, acompañada cunha capa non demasiado abundante de escuma cremosa, que goza dunha boa retención.Ao acercarmos o vaso ó nariz apreciamos sobre todo as maltas dulces y caramelizadas, manifestándose coma todo un cóctel de aromas que recordan a noces, pan tostado, caramelo, galleta, pasas, e un lixeiro toque a oliva. Tamén se poden intuir aromas frutais como uva, ameixa, etc.
A entrada en boca é bastante doce e agradable, para transformarse nun perfecto equilibrio entre o doce das maltas caramelizadas e o fino amargor dos lúpulos alemáns, para rematar cun pracenteiro retrogusto amargo. Gran complexidade de sabores na boca, o que fai que cada trago nos amose novos matices.
O corpo é medio/alto, o que produce unha sensación de plenitude que invita a verter na nosa boca outro grolo deste elixir cobrizo.
A medida que imos facendo desaparecer o contido do vaso, esta cervexa vaise facendo máisamarga, aínda que as maltas seguen presentes aportando matices moi interesantes de galleta e pan tostado.
É un verdadeiro cervezón, unha obra de arte. As maltas e o lúpulo están nunha perfeitísima armonía, o que, xunto coa súa complexidade fan que beber esta cervexa sexa toda unha experiencia. Moi recomendable, sobre todo se eres fan das alemanas clásicas.
A Maibock é unha cervexa de 6,8% vol. e 26 IBU. Ten unha cor dorada clara e palliza, bastante transparente. Forma unha boa escuma xabonosa, abundante e de retención media. Aínda que ao servila forma unha coroa importante, a escuma vese reducida a un dedo, que aguantará o que nos dure a cervexa.
En nariz nótanse principalmente aromas florais dos lúpulos Perle e Hallertau, maltas e matices cítricos moi interesantes. Tamén se poden atopar aromas a lévedo moi agradables.
Esta cervexa entra bastante doce, con sabores a maltas e cereais, acompañadas co floral e algo cítrico dos lúpulos nobres. O retrogusto recorda a mel, sendo bastante doce.
Con corpo medio, é moi fácil de beber, tanto para aqueles expertos neste mundo como para os principiantes. É unha cervexa atractiva para tódolos públicos. De trago fácil e moi atractiva visualmente, tanto pola súa cor coma pola súa notable efervescencia.
Esta cervexeira canadiense é o descubrimento máis interesante que fago en moito tempo. Estas dúas cervexas sorprendéronme moi gratamente, destacando a Sticke Alt pola súa complexidade e o seu fantástico equilibrio doce/amargo malta/lúpulo.
Moi recomendable calquera das dúas. Se tendes a oportunidade non a desaproveitedes. Probádeas.

